Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2014-0079 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 27 de decembro de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0079.

Interesado: Relu Matei.

Acto notificado: segunda multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2014-0153.

Interesada: Adriana Tarrío García.

Acto notificado: segunda multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2014-0169.

Interesada: Construcciones Constenla Vea, S.L.

Acto notificado: primeira multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2014-0189.

Interesado: Sorin Roua.

Acto notificado: segunda multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2014-0220.

Interesada: Muebles Terrón.

Acto notificado: segunda multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2016-0138.

Interesado: Maykel Castro Pailos.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2016-0148.

Interesado: José Ramón Raña Sánchez.

Acto notificado: resolución.