O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2017
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2016
Convenio |
Data de sinatura |
Importe total (€) |
Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Profesor Novoa Santos para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario. |
19.9.2016 |
209.200 € |
Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia para o desenvolvemento de programas de I+D+i. |
22.9.2016 |
160.000 € |
Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas para a concesión de dúas axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral. |
22.9.2016 |
237.500 € |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador finalista nas convocatorias de axudas do ERC no marco do H2020. |
22.9.2016 |
100.000 € |
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Axencia Galega de Innovación (Again), Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, S.A.U. (Xesgalicia), Consorcio da Zona Franca de Vigo (Consorcio), Vigoactivo Sociedad de Capital Riesgo de Régimen Simplificado, S.A. (Vigoactivo), Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) e Peugeot Citroën Automóviles España, S.A., para a posta en marcha dun foco de emprendemento no sector da automoción en Galicia (Business Factory Auto-BFA). |
9.9.2016 |
750.000 |
Addenda ao Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas, para o desenvolvemento do Proxecto de infraestruturas e equipamento para a creación dun centro de investigación aerotransportada, en Rozas (Lugo). |
22.9.2016 |
Sen achega económica |