Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de decembro de 2016 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia das resolucións ditadas nos expedientes administrativos sancionadores incoados por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, porque intentadas as notificacións non se puideron practicar (expediente SANC/MG/7/15 e un máis).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación do Consello Reitor da Axencia (Acordo do 14 de outubro de 2013, publicado por Resolución do 23 de xaneiro de 2014, DOG do 6.2.2014) ditou resolución nos procedementos administrativos sancionadores que se indican, instruídos por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia. Na dita resolución, declárase a caducidade do procedemento e disponse que por parte do Servizo de Infraestruturas se incoe, de ser o caso, un novo procedemento sancionador polos mesmos feitos.

Intentada a notificación persoal destas resolucións, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica. Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos publícase soamente o contido mínimo do acto, emprázase ás persoas interesadas que se indican no anexo para ser notificadas por comparecencia da resolución cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da delegación da axencia na provincia correspondente. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento, que as ditas resolucións sancionadoras esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que a demandante teña o seu domicilio ou de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo; ou ben recurso potestativo de reposición ante o Consello Reitor da Axencia Galega de Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente, provincia: SANC/MG/7/15 Ref. Bis: S/002/15, Lugo.

Interesada: Enerxéticas Trobis, S.L.

Último enderezo coñecido: Viveiro.

Feitos: depósito de madeira na zona de dominio público da estrada incumprindo autorización, arrastre de terra e lama para o foxo e á zona de circulación e depósito de pacas de biomasa nas zonas de dominio público e servidume, sen autorización.

Estrada: LU-161: Landrove (LU-540)-Ferreira do Valadouro (LU-160), p.q. 12+000.

Resolución: declaración de caducidade e orde de incoación, de ser o caso, dun novo procedemento sancionador.

Expediente, provincia: SANC/MG/17/16 Ref. Bis: 151/15, Pontevedra.

Interesada: Hotel Xunca Blanca, Modesto Rodríguez Moreira, Moreira y Garrido, S.L.

Último enderezo coñecido: Vigo.

Feitos: instalación dun cartel publicitario visible desde a zona de dominio público da estrada.

Estrada: PO-550, Cambados-A Lanzada, p.q. 10+370.

Resolución: declaración de caducidade e orde de incoación, de ser o caso, dun novo procedemento sancionador.