Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3673

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 18 de xuño).

Unha vez presentada a renuncia do vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro) e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Víctor Manuel Martínez Lago como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular ao presidente suplente do dito tribunal Eduardo Suárez Campo, e como nova presidenta suplente a Vanessa Cal Ríos, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda