Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 20 de decembro de 2016, da Xefatura da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa con destino á construción dunha nave para almacenamento, no dominio público portuario de Porto do Son, solicitada por Antonio y Fernando Queiruga Sampedro, C.B. (expediente 12-44-16-C-1).

Antonio y Fernando Queiruga Sampedro, C.B. solicita unha concesión administrativa con destino á construción dunha nave para almacenamento no porto de Porto do Son, segundo o Proxecto básico: nave almacén de redes asinado en marzo de 2016 por Alfonso Porteiro Abelenda e visado polo colexio oficial correspondente no 14.4.2016 (referencia VN16000873).

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 20 de decembro de 2016

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro