Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3494

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro),

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2017

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Escola Galega de Administración Pública, o Valedor do Pobo e o Consello de Contas para a convocatoria e desenvolvemento do Curso superior de especialización en transparencia, bo goberno e datos públicos

3.10.2016

11.905 €

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Scuola di Specializzazione in Studi Sull’Amministrazione Pubblica da Universidade de Bologna para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

21.10.2016

Sen achega económica