Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3579

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo da dirección artística (organización e produción da animación para o desfile) da cabalgata de Reis 2017.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato do servizo da dirección artística (organización e produción da animación para o desfile) da cabalgata de Reis 2017:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2016010245, ref. 2424.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: dirección artística (organización e produción da animación para o desfile) da cabalgata de Reis 2017.

c) CPV: 92331210-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 27.9.2016, 1.10.2016 e 3.10.2016.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 49.586,78 euros. IVE: 10.413,22 euros. Importe total: 60.000 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 15 de decembro de 2016.

b) Data de formalización: 19 de decembro de 2016.

c) Contratista: Zancalino Produs, S.L.U.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 49.537 euros. IVE: 10.402,77 euros. Importe total: 59.939,77 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis vantaxosa, xa que é a que máis puntos obtivo conforme todos os criterios de adxudicación, de conformidade cos informes técnicos que constan no expediente.

Ourense, 19 de decembro de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde