Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3576

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle da iniciativa particular promovida por José Barreiro Sánchez en rolda de Pontevedra número 1 (esquina coa rúa Melide di Lugano).

Unha vez aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local na sesión do 2 de decembro de 2016, o documento comprensivo do estudo de detalle redactado por instancia de José Barreiro Sánchez, denominado «Estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións e condicións da edificación de uso residencial intensivo cuarteirón compacto», situación: rolda de Pontevedra, nº 1 (esquina coa rúa Melide di Lugano), de marzo de 2016, redactado polo doutor arquitecto Santiago Muñiz Gómez, colexiado 1411 do COAG, para desenvolver as normas subsidiarias de planeamento municipal de Melide, aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña o 7 de abril de 1994 e publicadas no BOP nº 150, do 2 de xullo.

En cumprimento do Acordo da Xunta de Goberno Local do 2 de decembro de 2016 e do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente á información pública polo prazo de 1 mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no diario El Correo Gallego.

No suposto de non coincidir a publicación no diario e no DOG, o prazo comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello, no enderezo https://sede.concellodemelide.org/gl/informacion/tablon

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por este, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Melide, 12 de decembro de 2016

Dalia García Couso
Alcaldesa