Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2012/029-1).

Expediente: IN407A 2012/029-1.

Promotora: Industria Eléctrica Sucesores de Manuel Leira, S.L.

Denominación da instalación: recuamento e soterramento LMT colexio Eladia Mariño.

Concello: Cabanas.

Feitos.

1. O 16 de febreiro de 2012 a promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 156, do 17 de agosto de 2012 e no BOP núm. 144, do 31 de xullo de 2012.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de aplicación a este expediente en virtude da disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, de aplicación a este expediente, en virtude da disposición transitoria primeira do Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Modificación do CT A Costa existente (expediente 6.577), de 250 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, consistente en:

Ampliación da actual caseta de obra civil.

Desconexión e desmontaxe da aparamenta convencional existente.

Instalación de celas modulares de media tensión con illamento en SF6, en configuración 4L+1P (unha (1) cela de entrada de liña LMT Fenosa, tres (3) celas de saída de liña LMT Vilar do Colo, LMT a CT Torre-Cadaval e LMT a CT Costa e unha (1) cela de protección de transformador).

Adecuación xeral ás exixencias regulamentarias de accesibilidade, ventilación e seguridade do CT A Costa modificado.

– Actuacións sobre a LMT a 20 kV Fenosa:

Instalación dun apoio metálico tipo C-1000/18 dotado de paso aéreo-soterrado con pararraios autoválvulas en substitución de apoio existente.

Desconexión e desmontaxe dun treito de LMT de 57 metros de lonxitude en condutor LA-110.

Instalación de LMT soterrada baixo tubo Ø160 mm, a 20 kV, de 41 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado proxectado e remate en cela de liña do CT A Costa modificado.

– Actuacións sobre a LMT a 20 kV Vilar do Colo (expediente IN407A 2001/396-1):

Desmontaxe de catorce (14) apoios existentes proxectándose a instalación dun novo apoio nº 20 de formigón tipo HVH-4500/15 (fin de liña) dotado de paso aéreo-soterrado con pararraios autoválvulas mantendo na súa actual localización o apoio nº 21 de formigón tipo HV-1000/15, no circuíto en condutor LA-110 e a instalación dun novo apoio de formigón tipo HVH-1600/15 (fin de liña) dotado de paso aéreo-soterrado con pararraios autoválvulas e elementos de seccionamento (XS) no circuíto en condutor LA-30.

Desconexión e desmontaxe dun treito de LMT de 789 metros de lonxitude en condutor LA-110.

Desconexión e desmontaxe dun treito de LMT de 166 metros de lonxitude en condutor LA-30.

Instalación de LMT soterrada baixo tubo Ø160 mm, a 20 kV, de 914 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), coa orixe en cela de liña do CT A Costa modificado e remate no paso aéreo-soterrado proxectado no novo apoio HVH-4500/15.

Instalación de LMT soterrada baixo tubo Ø160 mm, a 20 kV, de 253 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado proxectado no novo apoio HVH-4500/15 e remate no paso aéreo-soterrado proxectado no novo apoio HVH-1600/15.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 81.777,41 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación eléctrica denominada recuamento e soterramento de LMT colexio Eladia Mariño.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 14 de decembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña