Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3490

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2016 e que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo e para os efectos de completar a Resolución do 20 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016 (DOG núm. 189, do 4 de outubro), dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no segundo cuadrimestre do 2016 pola Axencia Turismo de Galicia, que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I

Convenio

Importe achegado
pola Axencia

Data de sinatura

Addenda ao convenio de colaboración que regula a subvención, mediante concesión directa, da Axencia Turismo de Galicia ao Concello de Baiona para a execución do proxecto de instalación dunha nova oficina de turismo

Sen achega económica

28.10.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Valga para a preparación e decoración do teito do belén artesanal de Valga

10.985,65 €

2.9.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Valga para o aboamento da liquidación da obra de construción dun albergue de peregrinos nese concello

58.976,40 €

8.9.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Veiga para a creación do Centro de Visitantes do Espazo Natural Protexido Pena Trevinca, na aldea tradicional de alta montaña da Ponte, A Veiga (Ourense)

90.000 €

8.9.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Centro de Formación Beana, S.L. para a realización de prácticas académicas en oficinas de turismo dependentes da Axencia

Sen achega económica

9.9.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Pontecesures para o proxecto A Casa da Lamprea

68.478,81 €

9.9.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago para actividades de promoción

300.000 €

12.9.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio Turismo Ribeira Sacra para a realización de actividades de promoción e fomento do turismo na Ribeira Sacra

50.000 €

14.9.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Peroxa para a iluminación do castelo da Peroxa

49.710,07 €

14.9.2016

Addenda ao convenio de colaboración que regula a subvención, mediante concesión directa e tramitación anticipada, da Axencia Turismo de Galicia ao Concello do Rosal, para a execución do proxecto de acondicionamento da área de recepción de visitantes do ben de interese cultural Muíños do Folón e do Picón

Sen achega económica

21.9.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense para a realización de prácticas académicas en oficinas de turismo dependentes da Axencia Turismo de Galicia

Sen achega económica

24.10.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Pontecesures para o proxecto A Casa da Lamprea

Sen achega económica

27.10.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Peroxa para a iluminación do castelo da Peroxa

Sen achega económica

29.11.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Arbo para mellorar o acondicionamento do contorno fluvial das pesqueiras

Sen achega económica

29.11.2016

ANEXO II

Convenio

Importe achegado pola Axencia

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Palas de Rei e a entidade Hermanos Misioneros de Los Enfermos Pobres para a apertura e visitas públicas ao castelo de Pambre

60.000 € (20.000 € polas anualidades 2016, 2017
e 2018)

5.8.2016