Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3523

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (973/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por Resolución ditada no día 27.12.2016, no proceso seguido por instancia de Benito Javier Taboada Castro contra Viajes Atlántico, S.A., Servizo Público de Emprego Estatal, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, rexistrado co nº 973/2014 se acordou notificar parte dispositiva do Decreto con data do 27.12.2016, ditado no procedemento a Viajes Atlántico, S.A, en ignorado paradoiro:

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza, Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela, vinte e sete de decembro de dous mil dezaseis.

Parte dispositiva.

Acordo: ter por desistida a parte demandante da súa demanda acordando o sobresemento das presentes actuacións e o arquivo dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación a Viajes Atlántico, S.A. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza