Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3327

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (1031/2012).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1031/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones y Prefabricados Milladoiro, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra a entidade Construcciones y Prefabricados Milladoiro, S.L. e o Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 267,08 euros, ademais da cantidade de 200 euros en conceptos de honorarios.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso (artigo 191.2 LRXS).

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Prefabricados Milladoiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza