Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3319

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2622/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2622/2016

Xulgado de orixe/autos: sancións 62/2013. Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: UTE Abeconsa, S.L.-San Martín, S.A.

Avogada: Concepción Álvarez Rodil

Recorridos: Consellería de Traballo e Benestar, Rehabitec Castro Pereiro, S.L., admón. concursal de Rehabitec Castro Pereiro (Carlos Víctor Roas Teijeiro), José Manuel López Casais

Avogado/a: letrado da Comunidade

Eu, María Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2622/2016, seguido por instancia de UTE Abeconsa, S.L.-San Martín, S.A. contra a Consellería de Traballo e Benestar, Rehabitec Castro Pereiro, S.L., admón. concursal de Rehabitec Castro Pereiro (Carlos Víctor Roas Teijeiro), José Manuel López Casais, sobre outros dereitos laborais, ditouse a seguinte resolución:

Decidimos que, estimando o recurso de suplicación interposto pola representación da UTE Abeconsa, S.L.-San Martín, S.A. contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña de reforzo, do 28 de xaneiro de 2016, e con revogación do seu ditame, deixamos sen efecto a sanción imposta a que se refire a presente resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Rehabitec Castro Pereiro, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Adelaida Muro, 22, baixo dereita, A Coruña, e actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG. Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza