Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3165

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría coas federacións deportivas galegas durante o cuadrimestre anterior.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade ás seguintes relacións de convenios que se incorporan como anexo a esta resolución:

– Addendas aos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2016.

– Convenios pendentes de publicar subscritos no mes de maio e xuño.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte

ANEXO
Addendas aos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral
para o Deporte nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro

Data
de sinatura

Descrición

Importe total

23.9.2016

Addenda ao convenio trianual de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016

173.662 €

23.9.2016

Addenda ao convenio trianual de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Judo para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016

110.845 €

23.9.2016

Addenda ao convenio trianual de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Loita para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016

81.796 €

23.9.2016

Addenda ao convenio trianual de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Piragüismo para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016

252.784 €

23.9.2016

Addenda ao convenio trianual de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Remo para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016

85.161 €

23.9.2016

Addenda ao convenio trianual de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Taekwondo para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016

99.700 €

20.10.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Kárate para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2014, 2015 e 2016

30.076 €

7.12.2016

Addenda ao convenio bianual de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Halterofilia para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para os anos 2015 e 2016

38.501 €

Convenios pendentes de publicar subscritos no mes de maio e xuño

Data
de sinatura

Descrición

Importe total

23.5.2016

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Automobilismo para a organización dos campionatos galegos de rallys (rallys asfalto, rallymix e rally montaña) no ano 2016

103.500 €

3.6.2016

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Deportiva Galega de Piragüismo para levar a cabo as actividades de mantemento, conservación e funcionamento do Complexo Náutico e Campo de Regatas de Verducido-David Cal (Pontevedra)

100.000 €

17.6.2016

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Asociación Liga Noroeste con motivo da organización da Liga Galega de Traiñeiras masculina e feminina da tempada 2016

80.000 €