Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 12 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se notifican as resolucións ditadas nos recursos de alzada interpostos en materia de establecementos públicos da provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se especifican no anexo as resolucións dos recursos de alzada que se relacionan interpostos contra as resolucións recaídas en expedientes sancionadores tramitados na provincia de Ourense por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro das resolucións que se sinalan no anexo a este anuncio os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situadas nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que as resolucións relacionadas no anexo esgotan a vía administrativa e poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que xulguen conveniente.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Acto notificado

Sentido do acto notificado

OU-EP 205/2014

Rosa Fernández Sánchez

R/ Abdón Blanco, 12, baixo, 32300 O Barco de Valdeorras

(Ourense)

Bik Bok

Resolución do recurso de alzada

Desistencia

OU-EP 178/2013

Rubén Rodríguez Lorenzo

R/ Curros Enríquez, 15, baixo 32002 (Ourense)

Rubens

Resolución do recurso de alzada

Desestimatorio