Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2017, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente 15R003/1146/2016.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para ser notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a unidade do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Camilo José Cela, s/n (edificio administrativo) de Ferrol, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ferrol, 4 de xaneiro de 2017

O xefe do Servizo de Consumo da Coruña
P.S. (Artigo 13.3 do Decreto 184/2011; DOG núm. 189, do 3 de outubro)
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente número: 15R003/1146/2016.

Interesado: Carlos González Cuadrado.

NIF: 71499408-K.

Acto notificado: requirimento 15R003/R-ABF/301/2016, do 25 de novembro de 2016.

Expediente número: 15R003/1146/2016.

Interesada: Distribuciones Seiman 2013, S.L.

NIF: B45803731.

Acto notificado: proposta de mediación e arbitraxe do 7 de novembro de 2016.