Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3300

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017 pola que se lle dá publicidade a encomenda de xestión para a execución de obra, formalizada no mes de xaneiro de 2017.

En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga), dáse publicidade á formalización da encomenda de xestión, tramitada pola entidade pública Portos de Galicia durante o mes de xaneiro de 2017, para a execución da seguinte obra:

A) Mellora de acceso marítimo ás ramplas do porto de Noia-A Coruña.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: mellora de acceso marítimo ás ramplas do porto de Noia.

3. Valor estimado da encomenda:

199.358,68 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda:

a) Data de formalización da Orde de execución: 3 de xaneiro de 2017.

b) Entidade (medio propio da Xunta): Tragsa.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución: dous (2 meses).

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia