Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación de servizos de soporte e mantemento correctivo, evolutivo, adaptativo e perfectivo do sistema de procedementos (AXEP) e servizo de soporte da oficina de sistemas.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación de servizos de soporte e mantemento correctivo, evolutivo, adaptativo e perfectivo do sistema de procedementos (AXEP) e servizo de soporte da oficina de sistemas do Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 6/16.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de soporte e mantemento correctivo, evolutivo, adaptativo e perfectivo do sistema de procedementos (AXEP) e servizo de soporte da oficina de sistemas do Igape.

b) División por lotes e número:

1

Servizos de mantemento evolutivo das aplicacións AXEP

2

Servizos de soporte mantemento correctivo, adaptativo e perfectivo das aplicacions AXEP

3

Servizos de soporte da oficina de sistemas

c) Lugar de execución/lugar de entrega: oficina do Igape en Santiago de Compostela.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia estenderase ata a completa execución do contrato e expiración do prazo de garantía ofertado.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

4. Valor estimado da contratación: o valor estimado ascende a 1.652.472 € (un millón seiscentos cincuenta e dous mil catrocentos setenta e dous euros) máis o imposto sobre o valor engadido (IVE) de 347.019,12 € (trescentos corenta e sete mil dezanove euros con doce céntimos), total de 1.999.491,12 € (un millón novecentos noventa e nove mil catrocentos noventa e un euros con doce céntimos) correspondendo 826.236 € (oitocentos vinte e seis mil douscentos trinta e seis euros) máis 173.509,56 (cento setenta e tres mil cincocentos nove euros con cincuenta e seis céntimos) de IVE, total de 999.745,56 € (novecentos noventa e nove mil setecentos corenta e cinco euros con cincuenta e seis céntimos) ao prazo de vixencia inicial (24 meses) e 826.236 € (oitocentos vinte e seis mil douscentos trinta e seis euros) máis 173.509,56 (cento setenta e tres mil cincocentos nove euros con cincuenta e seis céntimos) de IVE, total de 999.745,56 € (novecentos noventa e nove mil setecentos corenta e cinco euros con cincuenta e seis céntimos) ao da posible prórroga (24 meses).

Orzamento máximo de licitación inicial:

826.236 €, máis 173.509,56 de IVE, total de 999.745,56 € para un prazo de vixencia inicial de 24 meses, coa seguinte desagregación por lotes:

Lotes

Importe sen IVE

IVE

Total

Lote 1: servizos de mantemento evolutivo das aplicacións AXEP

294.624 €

61.871,04 €

356.495,04 €

Lote 2: servizos de soporte mantemento correctivo, adaptativo e perfectivo das aplicacións AXEP

405.504 €

85.155,84 €

490.659,84 €

Lote 3: servizos de soporte da oficina de sistemas

126.108 €

26.482,68 €

152.590,68 €

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría) de acordo co establecido no artigo 65 do TRLCSP, non resulta exixible clasificación.

b) Solvencia económico-financeira e técnica:

Solvencia económico-financeira: reputarase solvente o licitador que acredite un volume anual de negocios que, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos, sexa polo menos unha vez e media o valor anual medio do contrato; ou dispoñer dun seguro de indemnización por riscos profesionais vixente ata a fin do prazo de presentación de ofertas, por importe non inferior ao valor estimado do contrato, así como achegar o compromiso da súa renovación ou prórroga que garanta o mantemento da súa cobertura durante toda a execución do contrato.

Solvencia técnica e profesional: reputarse solvente o licitador que acredite a realización de traballos do mesmo tipo ou natureza ao que corresponde o obxecto do contrato, que se acreditará mediante a relación dos traballos ou subministracións efectuadas polo interesado no curso dos cinco últimos anos.

Ademais da solvencia exixida, e en virtude do establecido no artigo 64.2 do TRLSCP, deberán presentar un compromiso de adscribir á execución do contrato un mínimo de membros cos seguintes perfís, e cumprir cos seguintes requisitos de titulación e experiencia:

Lote

Perfil

Nº mínimo persoas

Lote 1. Servizos de mantemento evolutivo das aplicacións AXEP

Xefe de proxecto/analista programador

1

Programadores

2

Equipo mínimo

3

Lote 2. Servizos de soporte mantemento correctivo, adaptativo e perfectivo das aplicacións AXEP

Xefe de proxectos/analista programador

1

Analista programador

1

Programador

2

Equipo mínimo

4

Lote 3. Servizos de soporte da oficina de sistemas

Xefe de proxectos/consultor sistemas

1

Analista de sistemas

1

Equipo mínimo

2

– Titulación mínima para os membros do equipo de traballo ofertado: titulación oficial polo menos FP TIC, ou no caso de non ser TIC, experiencia mínima de dous anos en TIC (no cómputo dos dous anos incluirase o período de seis meses descrito no seguinte punto de experiencia mínima).

– Experiencia mínima para todos os membros dos equipos de traballo: experiencia nun contorno tecnolóxico equivalente ao do proxecto mínima de seis meses desempeñando un posto de perfil igual ou superior ao ofertado.

Deberá determinarse na oferta a dedicación de cada un dos membros do equipo, e deberá garantirse que se cubran, como mínimo, a franxa de servizo normal (de luns a venres, das 9.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30) e que se garantan os acordos de nivel de servizo mínimos establecidos, e os demais requisitos fixados no prego.

A solvencia acreditarase polos medios establecidos na letra F e G da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 16.2.2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas) e de apertura dos sobres C (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas): indicaranse no perfil do contratante.

10. Criterios de adxudicación.

Criterio

Valoración

Prezo

45 %

Calidade derivada da experiencia dos compoñentes dos equipos de traballo que sobrepase á exixida para xustificar a solvencia técnica

36 %

Calidade derivada da titulación dos compoñentes dos equipos de traballo que sobre pase á exixida para xustificar a solvencia técnica

8 %

Calidade da metodoloxía ofertada

4 %

Melloras

4 %

Duracion da garantía dos traballos

3 %

11. Outras informacións.

12. Gastos de anuncios: 3.700 máximo. Serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial das Comunidades Europeas (se é o caso): 29.12.2016.

14. No seu caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.igape.es/contratacions

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2016

O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
P.S. (Resolución do 12.4.2012; DOG do 24 de abril)
Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica