Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2949

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (118/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 118/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Téllez Gómez contra Verónica Torreira Ferrín, Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

a) Declarar a executada Verónica Torreira Ferrín en situación de insolvencia total por importe de 493,43 euros de principal (343,77 euros de regularización de salarios + 149,66 euros de xuros do artigo 29.3) e de 49,34 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, publíquese a insolvencia no Diario Oficial de Galicia para efectos de publicidade».

Para os efectos de publicidade, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza