Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2934

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017 pola que se nomean funcionarios/as de carreira das distintas escalas resultantes do proceso de funcionarización do persoal laboral fixo.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Universidade da Coruña, convocadas por Resolución do 31 de agosto de 2016 (DOG do 14 de setembro).

Verificada a concorrencia nos aspirantes aprobados dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria e de acordo co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril; no Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo; nos estatutos da Universidade da Coruña, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada pola Resolución do 12 de xaneiro de 2016, esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios/as de carreira das distintas escalas da Universidade da Coruña aos/ás aspirantes que superaron este proceso e que se relacionan no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionarias de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo segundo o establecido no Decreto 166/2013 antes mencionado. O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que será o vindeiro 31 de xaneiro de 2017.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 9 de xaneiro de 2017

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO
Escala técnica especialista (subgrupo C1)

DNI

Apelidos e nome

76349429D

Asorey Brandariz, José Manuel

32822625S

Castro de Paz, David

52470546W

González Bermúdez, Rubén

Escala técnica de servizos (subgrupo E/AP)

DNI

Apelidos e nome

32835476D

Parada Robles, Patricio