A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo fai saber que, o director xeral de Enerxía e Minas, o 11 de outubro de 2016 expediu o título polo que se outorgou a Pizarras Vega, S.L. a concesión de explotación que a seguir se describe:
Nome: Celia fracción 2ª.
Número de expediente: 5724.2.
Recurso: sección C), calcáreas, cuarcitas ornamentais e áridos.
Termos municipais: Abadín e Mondoñedo.
Superficie: sete (7) cuadrículas mineiras.
O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.
Lugo, 2 de xaneiro de 2017
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo