Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 3009

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Nauta Sanxenxo, S.L.

ANUNCIO para a contratación da subministración de guindastre pórtico mariño Travelift provisto de pluma para desarborar.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación da subministración de guindastre pórtico mariño Travelift provisto de pluma para desarborar.

Obxecto: subministración de guindastre pórtico mariño Travelift provisto de pluma para desarborar conforme ao prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas.

1. Prazo e duración do contrato: o orzamento máximo de licitación, sen incluír o imposto sobre o valor engadido, é de 260.000 €, o IVE ascende a 54.600 €, e o orzamento máximo de licitación co IVE, é de 314.600,00 €. O prazo de duración do contrato será de cinco meses como máximo contados desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

2. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto.

3. Lugar e prazo de presentación das ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral de Nauta Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en sobres pechados que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación e requisitos exixidos na cláusula sete, dentro do prazo de corenta (40) días naturais contados desde o seguinte ao do envío do anuncio do contrato de licitación á Comisión Europea para a súa publicación no Diario Oficial de la Unión Europea. A licitación tamén se publicará no BOE, no DOG, no BOP e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello de Sanxenxo, www.sanxenxo.es. Faise constar que, se o prazo acabase en festivo ou sábado, ampliarase ao día seguinte hábil que non fose sábado.

4. Criterios de adxudicación: serán os determinados nas cláusulas 8ª e 9ª do prego de cláusulas administrativas que rexen esta contratación.

5. Requisitos de solvencia económica e financeira: cifra anual de negocio (segundo se describe no prego de cláusulas administrativas).

6. Requisitos de solvencia técnica e profesional: traballos realizados (segundo se describe no prego de cláusulas administrativas).

7. Mesa de contratación: constituirase conforme ao disposto na cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas.

8. Garantías: definitiva do 5 % do importe total da adxudicación excluído o IVE.

9. Entidade e información: Nauta Sanxenxo. Teléfono: 986 72 05 17.

10. Documentación: recollerase en Nauta Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es.

Sanxenxo, 11 de xaneiro de 2017

Gonzalo Gonzalo Pita
Presidente do Consello de Administración