Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 5 de xaneiro de 2017, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles dá audiencia aos interesados nos procedementos de baixa da clasificación turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan, nos procedementos de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os titulares dispoñen dun prazo de quince (15) días para faceren as alegacións que consideren pertinentes e poderán examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles na Área Provincial da Coruña.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2017

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Pensión La Estela.

Titular: Rocío Pedrido Fernández.

DNI: 44812591N.

Enderezo: rúa Raxoi, 1.

Concello: 15702 Santiago de Compostela.

Establecemento: Pensión Las Jarras.

Titular: Rumar Cedeira, S.L.

NIF: B70011796.

Enderezo: Arón, 3, San Román de Montoxo.

Concello: 15350 Cedeira.

Establecemento: Hotel El Hórreo.

Titular: Hotel El Hórreo, S.A.

NIF: A15117484.

Enderezo: Santa Isabel, s/n.

Concello: 15130 Corcubión.