Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2732

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 170/2014).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Xurxo García Noya contra Marcial García, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, Semar Aluminio, S.L., Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., María Abel Tarrío Fernández, María del Carmen Guillín Rey, en reclamación por despedimento, rexistrado co número de execución de títulos xudiciais 170 /2014 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, Semar Aluminio, S.L., Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., María Abel Tarrío Fernández, María del Carmen Guillín Rey, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 2 de febrero de 2017, ás 9.20 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración da comparecencia, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación á celebración da comparecencia que terá lugar o próximo día 2 de febrero de 2017, ás 9.20 horas, Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, Semar Aluminio, S.L., Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., María Abel Tarrío Fernández, María del Carmen Guillín Rey, expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza