Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 28 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Brión (expediente IN407A 2014/89-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Gronzo, O Casal, no concello de Brión (expediente IN407A 2014/89-1), por resolución desta xefatura territorial, do 9 de agosto de 2016, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15007 da Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 21 de febreiro de 2017 (martes) para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de fincas que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Brión, deducida da que se someteu a información pública no DOG, no BOP e no xornal La Voz de Galicia con datas do 8.4.2015, do 25.3.2015 e do 7.4.2015, respectivamente, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre as fincas propostas como afectadas, ás que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 28 de decembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña