Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada da obra por lotes do proxecto de construción da recuperación, sinalización e mellora do Camiño Inglés adaptándose a nova delimitación oficial 2013-2014 polo procedemento aberto, tramitación anticipada, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.2.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: obra.

Descrición do obxecto: correcta execución das obras co obxectivo de revitalizar, promocionar e promover esta ruta xacobea, a súa infraestrutura, o seu patrimonio e o seu legado inmaterial e que sirva de base para a súa contratación e posterior execución das obras, conforme ao proxecto redactado.

Comprende dous lotes:

Lote 1. Recuperación e sinalización e melloras do camiño inglés adaptándoos á delimitación oficial 2014. Lote 1: A Coruña-Bruma; Ferrol-Bruma.

Lote 2. Recuperación e sinalización e melloras do Camiño Inglés adaptándoos á delimitación oficial 2014. Lote 2: Bruma-Santiago.

Prazo máximo de execución de cada lote: 4 meses desde a acta de comprobación da implantación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: anticipada e non suxeita a regulación harmonizada.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada na pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Lote 1:

Importe sen IVE: 516.654,23 €. Importe IVE (21 %): 108.497,39 €. Total: 625.151,62 €.

Lote 2:

Importe sen IVE: 391.124,96 €. Importe IVE (21 %): 82.136,24 €. Total: 473.261,20 €.

Importe total dos lotes (IVE incluído): 1.098.412,82 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderán obterse os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=97664

Información sobre a contratación: teléfono 981 54 02 75.

Correo electrónico: contratacion-turismo.cpr@xunta.gal

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica específica: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Se o día de finalización do prazo fose sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata ou primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia de Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa, tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobre B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia de Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia