Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2448

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2254/2016).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2254/2016 desta sección, seguido por instancia de María Sanjuan Martínez, Ángeles López Sanjuan, Pedro López Sanjuan, Juan Carlos López Sanjuan contra Fogasa, Mapfre Global Risks, Cía Internac., Seguros (antes Mussini, S.A. e Mapfre Empresas), Izar Construcciones Navales Sael, Navantia, S.A., Foque, S.L. sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

E para que sirva de notificación en legal forma a Rodolfo Lama Construcciones, S.A. e Foque, S.L., na actualidade en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 30 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza