Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2522

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D31/2016, do 27 de decembro, pola que se nomea profesor contratado doutor a Marco Antonio Campo Cabana (PCD-09).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola comisión de selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesor contratado doutor PCD-09, do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD) situado na Escola Naval Militar de Marín, convocada pola Resolución D/018/2016, do 3 de outubro (DOG do 10 de outubro), e presentada polo candidato proposto a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria, esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Marco Antonio Campo Cabana, con DNI 32677674X, profesor contratado doutor do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar de Marín.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada.

Marín, 27 de decembro de 2016

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa
da Escola Naval Militar de Marín