Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2467

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 139/2015).

Susana Varela Amboage, secretario do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Sabela Rodríguez Rascado contra Elaboro Ingeniería del Sofware, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial rexistrado co número PO 139/2015 acordouse notificar a parte dispositiva do decreto do 20.12.2016 ditado no procedemento a Elaboro Ingeniería del Sofware, S.L., en ignorado paradoiro:

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o vinte de decembro de dous mil dezaseis.

Parte dispositiva.

Acordo: apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados no antecedente de feito segundo desta resolución.

Arquívense as actuacións.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Elaboro Ingeniería del Sofware, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2016

A secretaria xudicial