Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2252

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do 20 de decembro de 2016 de licitación do contrato do servizo de mantemento e xestión do local de música municipal.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, nº 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: mantemento e xestión do local de música municipal.

3. Procedemento e forma: aberto con criterios de dous tipos.

4. Valor estimado: 465.019,32 €, IVE excluído.

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación, Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, nº 30, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 29. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal

7. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 e anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas. Segundo se especifica nos pregos:

– Cuantificable por xuízo de valor: proxecto técnico.

– Avaliables automaticamente: prezo e experiencia e formación do persoal.

Pontevedra, 20 de decembro de 2016

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda