Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 26 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican requirimentos de emenda de expedientes en situación de revisión anual, en relación cos procedementos competencia desta consellería (expediente BS626F15017002213 e cinco máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos artigos 59.5, 61 e 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, 9-1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, para atender o dito requirimento e proceder á súa emenda, advertíndoas de que, de non se facer así, teranse por desistidas da súa petición, logo de resolución que se ditará nos termos previstos na norma reguladora do procedemento administrativo común.

A Coruña, 26 de decembro de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

DNI/NIE

Nº de expediente

Documento/s

Julio Aneiros Rojo

32808763E

BS626F15017002213

D.1

Milagros García Basanta

34897343H

BS626F15030073414

D.2

Soraya Mª Domínguez Varela

32721980H

BS626F15036023014

D.2

Enma Montoya Gabarre

32711844L

BS626F15036024312

D.3, D.4

Yolanda Borja Fernández

32706097M

BS626F15036024914

D.5

Virginia Bretón Deive

32696263S

BS626F15054002015

D.1, D.6

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Extractos bancarios.

D.2

Presentar alegacións en trámite de audiencia.

D.3

Copia do recibo do imposto de bens inmobles (IBI).

D.4

Autorización para a consulta de datos.

D.5

Certificación da correcta escolarización dos menores.

D.6

Copia das nóminas dos días traballados.