Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da baixa da Asociación Galega de Hematoloxía e Hemoterapia, nesta oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais, por disolución, depositada co número 72-74-1996.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral, procedeuse a depositar a baixa da Asociación Galega de Hematoloxía e Hemoterapia, segundo acordo de disolución da asociación adoptado na asemblea xeral extraordinaria celebrada o 4 de outubro de 2013 en Santiago de Compostela.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: os socios poderán ser numerarios, agregados, honorarios ou benefactores, segundo os requisitos que veñen recollidos no artigo 7 dos estatutos.

– Asinan a certificación: Manuel M. Pérez Encinas (presidente), M. Esperanza Lavilla Rubira (secretaria), Carmen Albo López (vicepresidente) e Cándido Andión Núñez (tesoureiro).

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego