Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2096

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento IN414A).

BDNS (Identif.): 327040.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia no superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 euros/ano).

Segundo. Obxecto

Subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 euros/ano).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Cuarto. Contía

A dotación orzamentaria é de 793.115,00 euros.

A contía da subvención será unha cantidade fixa de 180 euros ao ano para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos e de 300 euros ao ano para as que acrediten ser, ademais, familia numerosa.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Comezará o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de xullo de 2017.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria