Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de auditoría e vixilancia da ciberseguridade na Xunta de Galicia (expediente 38/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento das plataformas de correo electrónico da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 25 de maio de 2016.

DOUE: 24 de maio de 2016.

BOE: 26 de maio de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.482.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 494.000,00 €, máis 103.740,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 597.740,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9 de novembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 26 de decembro de 2016.

c) Contratista: Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: 542.929,11 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galici