Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 2060

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Merca

ANUNCIO de aprobación da oferta pública de emprego para o ano 2016.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, por medio do presente faise público que por Decreto da Alcaldía do 22 de decembro de 2016 se aprobou a oferta de emprego público para o ano 2016 que está constituída pola seguinte praza vacante de persoal laboral fixo e quenda de acceso libre:

Denominación

Escala

Subescala

Número de vacantes

Grupo

Operario limpeza

Administración especial

Servizos especiais

1

V

A execución desta oferta de emprego público deberá desenvolverse ao longo do exercicio 2017.

A Merca, 20 de decembro de 2016

Manuel Jorge Velo Reinoso
Alcalde