Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 1983

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (632/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 632/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Rodríguez Suárez contra Iniciativas y Desarrollo Inmobiliario de Arquitectura, S.A., Aislamientos Culleredo, S.L., Urbacoga, S.L., Fogasa, Roberto Adán Arribi López, sobre ordinario, se ditou Resolución do 20.12.2016 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Aislamientos Culleredo, S.L., Iniciativas y Desarrollo Inmobiliario de Arquitectura, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de decembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza