Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 1980

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (877/2016)

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 877/2016 deste Xulgado do Social número 1 da Coruña, se ditou resolución do 19 de decembro de 2016, dirixida a Carlos Enrique Porteiro Varela, contra a cal se poderán interpor os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Carlos Enrique Porteiro Varela, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza