Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 2028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2016 pola que se anuncia o procedemento aberto e tramitación ordinaria para contratar o servizo de limpeza dos centros sociocomunitarios dependentes da Xefatura Territorial da Coruña (expediente 78/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Enderezo: avda. Salvador de Madariaga nº 9-1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

3º. Teléfono: 981 18 57 10.

4º. Fax: 881 88 12 50/981 18 57 01.

5º. Perfil do contratante: http:// www.contratosdegalicia.es

6º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 78/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza dos centros sociocomunitarios da provincia da Coruña.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: 12 meses desde a sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: o contrato poderá ser obxecto dunha prórroga de 12 meses por mutuo acordo das partes antes da súa finalización.

f) CPV: 90919200-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: setenta e catro mil cincocentos cincuenta euros (74.550 €). IVE (21 %): quince mil seiscentos cincuenta e cinco euros con cincuenta céntimos (15.655,50 €). Importe total: noventa mil douscentos cinco euros con cincuenta céntimos (90.205,50 €).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares no punto 7.1.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, non sendo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña.

2º. Domicilio: avda. Salvador de Madariaga nº 9-1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña, ou calquera das formas previstas no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: avda. Salvador de Madariaga nº 9-1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: a hora e data serán anunciadas con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, ver o prego de cláusulas administrativas particulares no punto 6.2.

10. Outras informacións: ver os pregos (http://www.contratosdegalicia.es).

A Coruña, 19 de decembro de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña