Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 2008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 14 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2016/3019-1).

Expediente: IN407A 2016/3019-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: alimentación LMTS en avenida Arsenio Iglesias.

Concello: Arteixo.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 11 m, con orixe en conexión nas celas de MT do CS 15CBYW, condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final en empalme proxectado coa LMTS que vai a LMTA que ven da derivada ao CT 15PTC5, tras realizar entrada e saída ao CS proxectado.

Centro de seccionamento L, en edificio prefabricado con celas compactas con illamento SF6.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 14 de decembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña