Expediente: IN407A 2016/144-1.
Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: modificado 1 ao proxecto cambio de sección LMTS EPU-712A Médico Rodríguez, Teresa Herrera.
Concello: A Coruña.
Feitos:
1. O 12 de xullo de 2016 a promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 19 de outubro de 2016 e no BOP do 4 de outubro de 2016.
3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
6. As características técnicas da instalación son as seguintes:
– Liña de media tensión soterrada EPU-712A CT Médico Rodríguez-CT Cooperativa (actuación nº 1) a 15 kV, cunha lonxitude de 172 m, con orixe na cela de liña existente no CT Médico Rodríguez, nº 6 (expediente 146/97), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV, 1×240 Al e final na cela de liña existente no CT Cooperativa (expediente 50.821).
– Liña de media tensión soterrada EPU-713 Alimentación CT Teresa Herrera (actuación nº 2) a 15 kV, cunha lonxitude de 86 m, con orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-712, no tramo entre a subestación Porto (expediente 157/00) e o CS Juan Canalejo, 15 (15CKMF), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV, 1×240 Al e final nas celas de liña existente no CT Teresa Herrera (expediente 32.106).
O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 48.018,01 €.
7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal se achegará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 14 de decembro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña