Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación que ten por obxecto a adquisición de embarcacións destinadas a rescate e outras emerxencias en augas continentais superficiais (ríos, lagoas, encoros, etc.) cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temática 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, liña de actuación 40: dotación de equipamento, instalación e infraestruturas de protección civil destinadas á prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=73983

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.16.SU.095.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: 14 embarcacións para emerxencias destinadas aos servizos de emerxencia que despregan a súa actividade nas zonas interiores afastadas da costa e que contan na súa área de actuación con importantes masas de auga –ríos, encoros naturais ou artificiais, etc.–.

c) División por lotes e numero: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): CPV 34522450-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto, atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 135.867,77 €; importe total: 164.400,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 1 de decembro de 2016.

b) Data de formalización: 2 de decembro de 2016.

c) Adxudicataria: Vanguard Marine, Lda.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 133.000,00 €; importe total: 163.590,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias