Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1583

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación por procedemento aberto para a contratación da subministración de ligante C65B2 para a súa utilización polas brigadas durante o ano 2017 na zona oeste da provincia.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación da subministración de ligante C65B2 para a súa utilización polas brigadas da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2017 na zona oeste da provincia, cun gasto autorizado de 90.000 € (IVE e demáis tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, ao cal poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se estime procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non foren simultáneos).

Ourense, 27 de decembro de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense