Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a licitación do servizo de recollida, transporte e entrega de mostras clínicas para o seu posterior traslado aos laboratorios de referencia, así como a recollida e distribución da mensaxaría entre os centros dependentes da Xerencia (expediente AB-EIP1-17-005).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborales (agás os sábados), das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-17-005.

2. Obxeto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizo de recollida, transporte e entrega de mostras clínicas nos centros para o seu posterior traslado aos laboratoiros de referencia, así como a recollida e distribución da mensaxaría entre os centros dependentes da EOXIPS.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: lote único.

d) Lugar de execución/entrega: ver o prego de prescricións técnicas.

1º. Domicilio: ver o prego de prescricións técnicas.

2º. Localidade e código postal: ver o prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia da nomenclatura): 60000000-8 e 60100000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, unicriterio, anticipado de gastos, contratación documentalmente simplificada.

c) Criterios de adxudicación: oferta económica, ata 100 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 192.480,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 96.240,00 €.

b) Importe total: 116.450,40 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): 5 % do importe da adxudicación, excluido o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos especificos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financieira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:

• Solvencia económica e financeira. Criterio: o licitador considerarase solvente se a cifra nun do tres últimos exercicios iguala ou supera o importe de licitación 96.240,00 € (IVE excluído). Igualmente, deberase superar esta contía cando o período de actividade da empresa non abranga un exercicio completo.

• Solvencia técnica ou profesional. Criterio: o licitador considerarase solvente coa presentación de, polo menos, un traballo ou servizo de igual ou similar natureza dos que constitúen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre os servizos executados polo empresario e os que constitúen o obxecto do contrato a pertenza ao mesmo subgrupo de clasificación, se o contrato estivese encadrado nalgún dos establecidos no regulamento, en caso contrario a igualdade entre os dous primeiros díxitos dos respectivos códigos CPV e cuxo importe supere a contía de 48.120,00 € (IVE excluído). Se se trata de empresas de nova creación, a relación de traballos será a dos realizados no período correspondente á actividade da empresa.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: r/ Loureiro Crespo, 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B dando lectura das propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.

d) Data e hora: a data e a hora da celebración da apertura dos sobres B publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (ver o prego de cláusulas administrativas particulares).

Pontevedra, 5 de decembro de 2016

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés