Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 28 de decembro de 2016, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 15R002/150/2016 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44, en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Xefatura Territorial do Instituto Galego de Consumo da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala norte), na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 28 de decembro de 2016

A xefa do Servizo de Consumo da Coruña
P.S. (Resolución 20.4.2016)
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/150/2016.

Interesada: Firmagas, S.L.

CIF/NIF: B70407663.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: 15R002/154/2016.

Interesada: Tana Servicios Coruña, S.L. Mercaservice Coruña.

CIF/NIF: B70399720.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.