Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2017 Páx. 1224

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (RPL 360/2015).

Manuel Rubido de la Torre, letrado da Administración de xustiza, polo presente fago constar que na Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra se tramita recurso de apelación (LACN) 360/15 (dimanante de procedemento ordinario nº 59/2008) do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, en que son apelantes José Lamas González, Avelina Lamas González e Carmen González Jofre e apelados Centro Comercios Deza, S.L., Cesarina Manuela González González, María Batan Carballude, Rosa Santiso Barros, Alfonso Santiso Barros, Carmen Santiso Barros, María del Carmen Santiso Barros, Celso Santiso Barros, José Santiso Barros, Antonio Santiso Barros, Andrés López Dalama, María López Abeledo e Alfredo Iglesias Vázquez, nos cales o 26 de abril de 2016 se ditou sentenza, cuxo texto íntegro se encontra na oficina xudicial desta Sección Terceira sita en Pontevedra, rúa Rosalía de Castro, nº 5-2, á disposición das partes.

Para que conste e lle sirva de notificación á herdanza xacente de María Batan Carballude, expido o presente.

Pontevedra, 26 de outubro de 2016

O letrado da Administración de xustiza