De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 17 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.
Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese á seguinte publicación:
Convocatoria: Orde do 30 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.
Programa/s: Iniciativa Xove. Subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial de Lugo, cuxa resolución corresponde ao xefe territorial, por delegación da entón conselleira de Traballo e Benestar, segundo o establecido na disposición adicional segunda da Orde do 30 de marzo de 2015.
Crédito orzamentario: 25.110 € (vinte e cinco mil cento dez euros), para o ámbito provincial. Crédito orzamentario total da convocatoria 550.000 € (cincocentos cincuenta mil euros).
Aplicación orzamentaria: 11.06.313A.481.0.
Código do procedemento: BS306B.
Código de proxecto: 2015 00528.
Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiarias e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.
Lugo, 19 de decembro de 2016
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Número de proxecto |
Proxecto |
CIF |
Entidade beneficiaria |
Importe subvención concedida |
2015/1-2 |
Actividades de integración para persoas con discapacidade intelectual |
G27018365 |
Aspnais |
3.250 € |
2015/2-2 |
Xaque Mate |
G27336353 |
Asociación Cultural Xaquedrum |
4.000 € |
2015/3-2 |
Ateibo: creando espazos de encontro no tempo de lecer |
G27013309 |
Asociación Xuvenil Ateibo |
3.700 € |
2015/4-2 |
Somos Luz |
V27310028 |
Asociación Xuvenil Arcodavella |
1.600 € |
2015/5-2 |
Actividades 2015 |
G27383785 |
Asociación Tir N’a Nog |
2.570 € |
2015/6-2 |
Todos Somos Xóvenes |
G27021187 |
Asociación Personas Sordas de Lugo (Asorlu) |
1.990 € |
2015/7-2 |
Actividades para adolescentes |
R2701016D |
Cáritas Diocesana de Lugo |
4.000 € |
2015/8-2 |
Programa de ocio e tempo de lecer |
G27202043 |
Asociación Síndrome de Down Lugo |
4.000 € |