De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente desta xefatura territorial.
As persoas interesadas poderán interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8-1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderán comparecer as persoas interesadas para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.
Vigo, 14 de decembro de 2016
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expediente: 2003/6-36.
Interesados: Carmen Salazar Montoya e Fernando Jiménez Montoya.
Enderezo: Vao de Abaixo 11, Poio-Pontevedra.
Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 17 de outubro de 2016.