Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2017 Páx. 1261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de elaboración, produción e plan de medios da campaña de promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos de Galicia durante 2017, tramitado por procedemento aberto, tramitación anticipada, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.2.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: servizo integral para a elaboración e execución de campañas de turismo e gastronomía no ámbito galego e nacional.

Prazo de execución: desde a data de sinatura do acordo e ata o 31 de decembro de 2017.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: anticipada e suxeita a regulación harmonizada.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 5.136.363,64 €.

IVE (21 %): 1.078.636,36 €.

Importe total IVE incluído: 6.215.000,00 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación de cada contrato derivado do acordo marco.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=94011

Información sobre a contratación:

Teléfono: 981 54 02 75.

Correo electrónico: contratacion-turismo.cpr@xunta.es

7. Requisitos específicos do contratista.

Non será exixible a clasificación, mais para aqueles licitadores que acrediten a súa clasificación como contratista de servizos no grupo T, subgrupo 1, categoría 5, considerarase substitutiva da solvencia económica e financeira, técnica e profesional xenérica exixida.

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula I do cadro de características do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións finaliza o día 7 de febreiro de 2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Se o día de finalización do prazo fose sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 4.1.2.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que serán anunciadas, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de decembro de 2016.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia