Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2017 Páx. 925

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2016 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación.

Consonte o disposto nos artigos 26 e 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e una vez recibido o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ás modificacións presentadas do plan de estudos correspondente ás ensinanzas de máster universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación pola Universidade de Santiago de Compostela, con data do 13 de abril de 2016, esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación
Código RUCT: 4313558

Rama de coñecemento: ciencias sociais e xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

27

Optativas

27

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Introdución á economía

OP

3

Nivelación

(complementos formativos)

Introdución á empresa e finanzas

OP

3

Introdución á econometría

OP

3

Modelos de acumulación e cambio estrutural

OB

3

Módulo básico

Desenvolvemento económico e sustentabilidade

OB

3

Economía da innovación

OB

3

Sistemas nacionais e rexionais de innovación

OB

3

Comercio, competitividade e innovación

OB

3

Estrutura sectorial e dinámica do sistema produtivo

OB

3

Sector público e dinamización empresarial

OB

3

Planificación estratéxica e deseño de programas e proxectos

OB

3

Avaliación e financiamento de proxectos de investimento

OB

3

Economía das políticas científicas e de innovación

OP

3

Módulo optativo: especialidade xestión da investigación e da innovación

Políticas e programas de apoio á I+D e á innovación

OP

3

Fronteiras das ciencias e das tecnoloxías

OP

3

Pautas sectoriais de innovación

OP

3

Deseño, avaliación e xestión de proxectos de investigación

OP

3

Propiedade industrial e intelectual: economía e dereito

OP

3

Dirección estratéxica da innovación

OP

3

Implantación de sistemas de xestión da innovación

OP

3

Creación de empresas de base tecnolóxica

OP

3

Planificación do desenvolvemento rexional e local

OP

3

Módulo optativo: especialidade desenvolvemento económico rexional e local

Políticas europeas de desenvolvemento rexional e local

OP

3

Desenvolvemento urbano e terciarización

OP

3

Recursos e desenvolvemento sustentable

OP

3

Desenvolvemento rural

OP

3

Estrutura social e Estado do benestar

OP

3

Política económica das comunidades autónomas

OP

3

Modelos econométricos e análise de datos rexionais

OP

3

Estrutura sectorial e territorial da economía galega

OP

3

Prácticas externas-orientación académico-profesional

OP

6

Módulo de aplicación

Materia complementaria do TFM-orientación investigadora

OP

6

Traballo fin de máster

OB

6

Este máster conta con dúas orientacións:

– Académica-profesional.

– Investigadora.

Na orientación académica-profesional, o alumno terá que cursar a materia de prácticas externas (6 ECTS) e o traballo fin de máster (6 ECTS).

Os alumnos que cursen a orientación investigadora deben realizar o traballo fin de máster (6 ECTS) e cursar a materia complementaria ao TFM (6 ECTS).

Ademais, o máster organízase en dúas especialidades:

– Especialidade en xestión da investigación e da innovación.

– Especialidade en desenvolvemento económico rexional e local.

En cada unha das dúas especialidades o estudante ten que cursar 7 materias da súa especialidade específica das 9 ofertadas.

Por outro lado, o máster tamén prevé un módulo de materias de nivelación (complementos formativos), que deberán cursar os alumnos en función da súa titulación de orixe.