Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2017 Páx. 919

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2016 pola que acorda publicar o orzamento para o exercicio do ano 2017.

O Consello Social da Universidade da Coruña, na reunión que tivo lugar o día 22 de decembro de 2016, e de conformidade con disposto no artigo 20.1 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril), e no artigo 4.c) da Lei 1/2003, do 9 de maio, de consellos sociais do Sistema universitario de Galicia, acordou a aprobación do orzamento desta universidade para o exercicio do ano 2017.

Esta reitoría, consonte o disposto no artigo 81.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril), resolve publicar o devandito orzamento que acada a contía inicial no estado de ingresos e gastos de 119.446.445,42 euros, segundo o detalle anexo.

A Coruña, 23 de decembro de 2016

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

1. Clasificación económica
Resumo por capítulos

Ingresos

2017

Capítulo III. Taxas, prezos públicos e outros ingresos

16.353.572,02 €

Capítulo IV. Transferencias correntes

86.667.644,89 €

Capítulo V. Ingresos patrimoniais

315.000,00 €

Capítulo VII. Transferencias de capital

15.619.900,97 €

Capítulo VIII. Activos financeiros

490.327,54 €

Capítulo IX. Pasivos financeiros

-

Total orzamento de ingresos 2017

119.446.445,42 €

Gastos

2017

Capítulo I: Gastos de persoal

90.292.674,48 €

Capítulo II. Gastos correntes en bens e servizos

14.486.944,32 €

Capítulo III. Gastos financeiros

45.386,22 €

Capítulo IV. Transferencias correntes

2.762.881,76 €

Capítulo V. Fondo de continxencia

250.000,00 €

Capítulo VI. Investimentos reais

11.058.558,64 €

Capítulo VIII. Variación de activos financeiros

-

Capítulo IX. Variación de pasivos financeiros

550.000,00 €

Total orzamento de gastos 2017

119.446.445,42 €